Alternativa ás plataformas de vídeo das Big Tech

PeerTube é unha ferramenta para compartir vídeos creada por Framasoft, unha organización francesa sen ánimo de lucro.

Estamos artellando un gran futuro para PeerTube!

Contratar outra desenvolvedora, crear unha app móbil oficial, promover o ecosistema PeerTube... Estes son algúns dos plans para o 2024, ademais do emocionante proxecto da v7.

Coñece máis e apoia a Framasoft

Que é PeerTube?

PeerTube permíteche crear a túa propia plataforma de vídeo, con total independencia.

Usando PeerTube non hai algoritmos opacos nin políticas de moderación incomprensibles! As plataformas de PeerTube que visitas están creadas, xestionadas e moderadas por quen as crea.

PeerTube permite a interconexión entre plataformas, creando unha gran rede de plataformas que son á vez autónomas e interconectadas.

Ademáis, PeerTube non depende da publicidade e non te rastrexa!

Que podo atopar en PeerTube?

Descubre as nosas recomendacións entre máis de 600.000 videos e as 1.000 plataformas da rede PeerTube

PeerTube non depende do monopolio de ningunha empresa

Igual que con outras ferramentas desenvoltas por Framasoft, PeerTube considérate unha persoa e non un produto a ser perfilado e atraparte en bucles de vídeos.

PeerTube é libre, de código aberto, creado sen propósito comercial.

Un ben común dixital ético e de código aberto

PeerTube perténceche. En todo momento podes axudarnos a mellorar PeerTube coas túas ideas, suxestións o modificando o código ti mesma.

PeerTube é software libre, non unha fórmula segreda de Google (no caso de Youtube) ou Vivendi/Bolloré (Dailymotion). A súa licenza libre garante as liberdades fundamentais das usuarias.

Preguntas? Axudámosche!

PeerTube é unha ferramenta que se pode instalar nun servidor web. Permíteche crear unha web para hospedar vídeos, e así ter "o teu propio YouTube".

A diferencia con YouTube é que non hai intención de crear unha enorme plataforma centralizada de vídeos de todo o mundo nunha granxa de servidores (que é tremendamente caro).

Polo contrario, o concepto de PeerTube é crear unha rede de múltiples pequenos provedores de hospedaxe interconectados.

Podemos responder con certeza: non!

Porén, a ambición é ser unha alternativa libre e descentralizada: o obxetivo dunha alternativa non é substituír, se non propoñer algo máis, con diferentes valores, en paralelo ao xa existente.

PeerTube é único porque (polo que sabemos) é a única aplicación web para hospedaxe que posúe tres vantaxes:

Código aberto con licenza libre

  • PeerTube proporciónasae gratuítamente, non tes que pagar para instalalo no servidor;
  • Podemos mirar dentro de PeerTube (o código fonte): é auditable, transparente;
  • Pode ser mellorada coas contribucións de todas as persoas.

Federación interconectada de provedores de hospedaxe

  • It decentralizes video storage and decision-making power;
  • Podemos mostrar vídeos e contas de outras webs PeerTube;
  • Baseado en ActivityPub para, por exemplo, conectar con ferramentas como Mastodon.

Retransmisión entre iguais

  • It reduces server bandwidth overload if a video becomes viral;
  • Convertémonos nun actor máis da retransmisión de vídeo;
  • Baseada en WebRTC, un proxecto libre e de código aberto para navegadores web.